
Organizado polo Instituto Nacional de Artes Escénicas e da Música e pola Asociación Estatal de Salas Privadas de Música en Directo, decorrerá o concerto de A Pedreira, que presenta o seu último disco.
A Pedreira visibiliza a(s) alma(s) sobre as táboas, acompañada polo bretón Pierre-Yves Rougier, nunha actuación na que Marina Oural se encarga da posta en escena e Xavier Belho dos grafismos, explorando as súas posibilidades a través dos símbolos remitidos nas letras.
A artista de Vilaronte (Foz), voz de Marful e Nordestina –entre outras formacións musicais– ven de presentar o seu primeiro traballo asinado por ela co seu apelido, Segmento Cantábrico, adicado aos pobos, tribos e clans que tiveron e teñen como vía marítima de relación o mar Cantábrico.