Evento

Concerto en Bueu: "Cara terras lonxanas" de Sangre de Muérdago

2022-05-11
20:30 h
Aturuxo Bar / Rúa de Pazos Fontenla, 59
Parte do grupo folk Sangre de Muérdago.
photo_camera Parte do grupo folk Sangre de Muérdago.
Sangre de Muérdago presenta o seu novo traballo "Cara terras lonxanas" no Aturuxo Bar

No ano 2007 o grupo grava a súa primeira maqueta chea de improvisacións con tres sinxelos que lles levou a escoller un camiño con clara vocación internacional e os leva tamén a buscar e atopar estudo de gravación nos Estados Unidos, Italia e Francia.

O disco orixinal ábrese cun son orgánico de chuvia (a nosa voz natural) e unha cálida melodía que transporta no tempo e na distancia, trae o musgo , o bosque, a serenidade e a mística que nos atopa sen querer, ao fin, liberdade no camiño da natureza.

O grupo está considerado coma unha vangarda do chamado Neofolk, con certa cadencia escura e unha clara vertente ancestral e mística pero con guieiros escuros, quizais nocturnos ou misteriosos, iso implica unha vertente apegada a uns sons con sabor a terra.