Evento

Concerto en Brión: "Na beira" de Pelepau

2022-09-23
21:00 h
Carballeira de Santa Minia
Pelepau.
photo_camera Pelepau.
O concerto de Pelepau terá lugar a partir das 21.00 horas na Carballeira de Santa Minia

Pelepau nace na cidade olívica no ano 2010 e está formado por 11 percusionistas, todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de recoñecida traxectoria no panorama musical galego.

É un conxunto musical, orixinal do suroeste da Galiza, que ten como obxectivo adaptar as cantigas tradicionais e populares desta terra con voces e percusións varias.

A súa proposta intenta transmitir e conservar a cultura galega mediante un espectáculo interactivo, cunha posta en escena dinámica e en constante interacción co público.

Os instrumentos de percusión empregados nos seus concertos son, na súa gran maioría, tradicionais galegos, como culleres, tixolas, botellas de anís, etc.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.