
O grupo de percusión Odaiko leva o seu novo espectáculo, Verán Miúdo, hoxe á Piscina Municipal de Boqueixón.
As actuacións de Odaiko combinan instrumentos do mundo da percusión contemporánea con elementos de nova creación así como a música tradicional galega, que sempre está presente.
A improvisación tamén desempeña un papel fundamental nas actuacións deste grupo, ao igual que o humor que sempre transparece nos seus espectáculos.
Durante os seus máis de 20 anos de traxectoria, Odaiko leva deleitando adultos e crianzas por todo o país e tamén fóra, con centos e centos de espectáculos ás súas costas. Boqueixón poderá experimentar hoxe a mellor percusión con Odaiko.