Evento

Concerto no Barco: "Son galego, son cubano" de Roi Casal

2022-09-13
23:00 h
Campo da Festa
Roi Casal segue coa xira do espectáculo 'Son galego, son cubano'.
photo_camera Roi Casal segue coa xira do espectáculo 'Son galego, son cubano'.
O concerto de Roi Casal terá lugar a partir das 23.00 horas no campo da festa do Barco de Valdeorras

Roi Casal Figueira, nado en 1980 en Catoira, formou parte do grupo galego Milladoiro como arpista desde o ano 2000 até o 2009.

Casal publicou o seu primeiro álbum en solitario, titulado Lendas Douradas, en novembro de 2008. Nel céntrase na música tradicional desde unha perspectiva pop.

Son destacábeis as letras de Rosalía de Castro e de Manuel María e do propio artista en varias cancións.

En 2011, publicou Maxicamente vello, no que realiza unha interpretación da música galega.

En 2014, publicou Donos do noso destino, co que emprendeu unha xira internacional.

En 2016 publicou Son galego, son cubano, froito do traballo conxunto durante case dous anos con Xosé Neira Vilas, estreándose no Gran Teatro da Habana.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.