
Andrea, Estela, Inés, Marcela e Xiana, A banda da Loba, presentaron en abril Xabón Lagarta, inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros.
O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta grande espiral que é a vida.
Quixeron tirar dese fío para traelo aos nosos días cun aire e unha estética moderna e contemporánea.
Proposta que quere vencellar a nosa música á poesía que se fai no país para, como dicía Xela Arias, sacala dos sofás dos lectores e das lectoras e conquistar novos espazos para a súa difusión.
Todo isto, envolvéndoa en melodías “pegañentas” cun estilo musical heteroxéneo e creando unha sonoridade propia.