Evento

Concerto en Ames: "O poder da superlingua" da Gramola Gominola

2022-09-23
20:30 h
Casa da Cultura de Bertamiráns / Praza Chavián, 1, Bertamiráns
Ánxelo de Xermar, Paco Cerdeira, Paula Romero e Rodrigo Muñoz.
photo_camera Ánxelo de Xermar, Paco Cerdeira, Paula Romero e Rodrigo Muñoz.
O espectáculo da Gramola Gominola terá lugar a partir das 20.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns

A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo.

Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos).

O grupo naceu no ano 2015 e desde entón deron centos de concertos pondo o público en pé cos cornos en man, cun estilo que atrapa tanto o público cativo com os acompañantes.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.