
Con motivo da primeira vez que soou o Grândola, Vila Morena (na Universidade de Santiago) haberá hoxe un evento de celebración do aniversario.
Comezarase cun coloquio conducido polo xornalista Suso Iglesias, no que participarán Zélia Afonso, viúva de Zeca Afonso; Maite Angulo, viúva do cantante Benedicto García; Francisco Fanhais, presidente da AJA., e o ex presidente da Xunta da Galiza, Emilio P. Touriño, persoa que presentou o recital do 72; e dúas estudantes actuais da USC, Claudia Pernas e Iria Nande.
A seguir decorrerá un concerto de homenaxe presentado por Carlos Blanco e no que actuarán Uxía Senlle, João Afonso —sobriño do Zeca Afonso—, Couple Coffee, Nacho Faia Lar e Xico de Carinho.