Evento

"As que limpan" da compañía A Panadería chega a Cedeira

2022-06-04
20:00 h
Auditorio Municipal / Travesa da Silva, 38
Ailén Kendelmán, Areta Bolado e Noelia Castro na obra.
photo_camera Ailén Kendelmán, Areta Bolado e Noelia Castro na obra.
A presentación da obra "As que limpan" terá lugar no Auditorio Municipal de Cedeira

As que limpan é unha obra teatral que aborda un dos empregos máis invisíbeis, con máis precarización e dos menos agradecidos do sector servizos: as que limpan o que os demais luxamos.

O espectáculo tenta dar voz á loita organizada das camareiras de piso dos hoteis e hostais por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos, en loita permanente contra da avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras.

Teatro de denuncia, comprometido e de autoras.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.