
Este ano a programación xira en tres eixos: cursos de aprendizaxe, a xuntanza de escolas de zanfona, recuperando o festival após dous anos, e concertos de balde.
Estes serán de carácter popular, comezando hoxe, ás 21 horas, co espectáculo creado especialmente sobre a zanfona do coro histórico Cántigas da Terra “Arredor da roda” cos solistas convidados Iván Abal, Gutier Álvarez, Luís “O Caruncho”, Miro Casabella e Óscar Fernández; de virtuosismo co italiano Francesco Giusta e as músicas piemontesas; e de novas expresións, co proxecto portugués de Pedro Viana e João Martins.
Ademais haberá unha mostra das escolas de zanfona do país que aprenden ao longo do ano.