Evento

Cinema en Pontevedra: "200 metros" de Ameen Nayfeh

2022-09-06
21:00 h
Teatro Principal / Rúa Paio Gómez Charino, 6
Ali Suliman e Anna Unterberger protagonistas de '200 metros'.
photo_camera Ali Suliman e Anna Unterberger protagonistas de '200 metros'.
O filme forma parte da VII edición Mostra de Cinema Euroárabe de Pontevedra

Após do comezo onte desta sétima edición da mostra de cinema Euroárabe, ao longo desta semana proxectaranse, cada día, no Teatro Principal outros catro filmes, incluído o de hoxe, 200 metros, película do realizador palestino Ameen Nayfeh que narra a historia dun pai que, tras saber que o seu fillo está no hospital, debe buscar a forma de como sortear e cruzar o muro israelí que separa a zona ocupada da Cisxordania.

O documental, O retorno: A vida despois do ISIS, da catalá Alba Sotorra; Gaza Mon Amour, dirixida polos xemelgos Tarzan e Arab Nasser; e Os informes sobre Sarah e Saleem, longametraxe de ficción do cineasta palestino Muayad Alayan, serán, sucesivamente, o resto de filmes desta mostra.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.