Evento

Cinema en Mondariz: "Eroski paraíso" de Jorge Coira e Xesús Ron

2022-05-20
22:00 h
Auditorio Municipal / Rúa Miguel Angel Blanco, 1
Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira nun fotograma do filme.
photo_camera Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira nun fotograma do filme.
Jorge Coira e Xesús Ron estrean no Auditorio Municipal de Mondariz o seu filme "Eroski paraíso"

Partindo da obra de teatro homónima da compañía Chévere, o filme Eroski paraíso conta a historia de Álex, unha xove cineasta, que quere filmar un documental sobre seus pais, que se coñeceron en Muros, na sala de festas Paraíso no ano 1989.

Ela tiña 19 anos, el 25. Como tantas outras familias, emigraron e foron dando tombos dun lado a outro, deixando que a vida decidise por eles.

Vinte e cinco anos despois o público encontra a Eva de volta en Muros coidando de seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas.

Antonio segue en Canarias. Álex acaba de terminar un mestrado de cinema en Barcelona e viaxa á súa vila natal para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre seus pais e a distancia.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.