Evento

Cinema en Lugo: "Verde, a cor da soidade" de Alberto Trabada

2022-09-23
20:00 h
O Vello Cárcere / Praza da Constitución
Verde, a cor da soidade.
photo_camera Verde, a cor da soidade.
O filme de Alberto Trabada poderá verse a partir das 20.00 horas no Vello Cárcere de Lugo

Verde, a cor da soidade é unha película documental sobre o abandono do rural, producida por Trabada en 2020.

No filme, Manuel é o único habitante dunha aldea que foi baleirándose co paso do tempo. Manuel vive en soidade e esquecido pola sociedade.

Protagonista dunha forma de vida case desaparecida, vive nunhas condicións de vida moi básicas, atormentado polas lembranzas do que foi e o que é a súa vida.

Ao longo de catro anos, o realizador Alberto Trabada gravou as paraxes e as xentes que habitan na montaña lucense.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.