
O filme "Cuñados" poderá verse no Xardín Botánico de Culleredo ás 22.00 horas
Cuñados é unha comedia onde os tres personaxes principais, interpretados por Xosé A. Touriñan, Federico Pérez e Miguel de Lira, vense envoltos nunha sucesión de feitos que non fan máis que complicar as cousas.
Unha débeda por parte de dous deles é o motivo para que estes tres perdedores vaian dando tombos sen sentido.
No elenco do filme dirixido por Toño López tamén figuran Eva Fernández, Iolanda Muíños, María Vázquez, Mela Casal ou Paku Granxa.