Evento

Cinema en Compostela: "Sopa de parrulos" de Leo McCarey

2022-09-07
21:30 h
Cineclube de Compostela / Centro Social O Pichel / Rúa Santa Clara, 21
Fotograma de Sopa de parrulos.
photo_camera Fotograma de Sopa de parrulos.
A proxección de "Sopa de parrulos" terá lugar a partir das 21.30 horas no Cineclube de Compostela

O Cineclube Compostela retoma a actividade após o verán co comezo da temporada 2022-2023 cun ciclo de cinema sobre a guerra.

Así, en versión orixinal con subtítulos en galego, proxectaranse todas as cuartas feiras deste mes de setembro, comezando por hoxe, Sopa de Parrulos, Paisanos o día 14, Tecnicamente así de sinxelo e A hora da liberación chegou: fóra o colonialismo, a terza feira 21, e A ascensión o día 28.

Sopa de parrulos foi a última comedia dos irmáns Marx para a Paramount, da que se separarían ao ano seguinte, e un dos títulos máis delirantes e redondos do (daquela) cuarteto de irmáns de cómicos e retranqueiros.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.