
Celso F. Sanmartín presentará o espectáculo "Catro aves escollidas son as que cruzan o mar" no Lugar da Portela
Dentro do Festival Atlántica actuación de Celso F. Sanmartín, poeta e contacontos ligado á tradición oral galega.
Somos aves de paso… somos auga do río… con estas imaxes evocamos os momentos no conxunto, con principio e fin, e o resultado desta capacidade pódenos pór melancólicos, e a melancolía é propensa a buscar táboas de salvamento nas historias que contamos, buscamos no sentir común a permanencia.