Evento

"Carman" de Javier Ariza aterra en Oroso

2022-06-22
19:00 h
Alameda de Gois, Sigüeiro
O mítico 600 é o protagonista do espectáculo.
photo_camera O mítico 600 é o protagonista do espectáculo.
A comedia urbana de Javier Ariza terá lugar na Alameda de Gois, Sigüeiro

Comedia urbana para un showman e un Seat 600, un divertido espectáculo para todos os públicos no que un coche icónico na mobilidade cobra vida e terminará por conducir sen condutor nunha rutina musical e circense que pode levalos a Eurovisión.

Adaptábel a moitos espazos escénicos, está considerado un espectáculo de circo, clown e de manipulación de obxectos, convertendo este coche en case unha marioneta que non deixará indiferente ninguén que asista ao espectáculo.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.