
O espectáculo do Boi Xulián poderá verse a partir das 23.00 horas na Praza do Concello de Baiona
A nova mascota oficial do concello de Baiona, o Boi Xulián chega hoxe cun espectáculo familiar que recibe o seu propio nome.
Esta mascota chega tamén con música especialmente dedicada ás máis miúdas e miúdos da localidade.
Este espectáculo é ofrecido pola compañía Viravai, empresa dedicada ao desenvolvemento e organización de eventos e actuacións culturais dedicadas ao público infantil.
Hoxe, na praza do concello de Baiona, o Boi Xulián chega co seu carisma.