
O novo disco da Banda da Loba poderá verse no seu canle de YouTube e noutras plataformas coma Spotify
Xabón Lagarta está inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros.
O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós.
A busca do noso lugar nesta grande espiral que é a vida. Tirando do fío para traelo á actualidade desde un punto de vista moderno e contemporáneo. Xabón Lagarta é un convite.