Evento

Presentación de "Avelaíñas eléctricas" de Sica Romero en Compostela

2022-09-15
20:30 h
Libraría Numax / Rúa de Concepción Arenal, 9
Sica Romero presenta o seu primeiro libro.
photo_camera Sica Romero presenta o seu primeiro libro.
A presentación da obra de Sica Romero terá lugar a partir das 20.30 horas na Libraría Numax

O libro debut de Sica Romero, Avelaíñas eléctricas, editado por Nêspera, é unha obra de non-ficción definida por ela mesma como unha novela realista.

Nela están moi presentes os xogos de estilo tipográfico e a representación da oralidade e a fala da Costa da Morte.

Uns recursos que emprega para contar a historia de dúas mozas, Mariña e Olivia, que rematada a carreira universitaria e que nesa nova situación intentan fuxir dos seus lobos, das súas sombras.

Influenciada por autoras como Andrea Abreu, a poesía de Rosalía de Castro e da novela No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz, Sica Romero aborda os pesos e violencias que carretan estas dúas amigas, polo seu amor, pola dor.

A autora estará acompañada por Ángel Suanzes e Vanessa Rodríguez.