
A iniciativa Cultural Arte Viva promove o Día do libro na Coruña cunha completa programación de actividades
Festival multidisciplinar para gozar e participar no recital de poesía “Musas” a micro aberto, asistir a encontros literarios con Ani Grandío, editor, Alba López, artista plástica, e Alfredo Ferreiro, organizador do Café Literario, visitar un mercadiño literario, pasear entre versos ollando a exposición “Literatura tendida”, composta por textos de escritores de todo o mundo ou escribir cartas "para algunha persoa especial"