
A XIII Mostra de Cinema Periférico da Coruña 2022 proxectará 138 pezas en diferentes puntos e horarios da cidade
O festival de cine periférico neste ano contará con 138 pezas para proxectar, das que 53 son estreas internacionais, con filmes procedentes de 14 países, catro performances, 53 invitados especiais e dez actividades paralelas.
Ademais, o Festival ten a colaboración dos centros educativos da cidade coa participación en actividades relacionadas da mostra de máis de 300 alumnos e alumnas.
O programa para hoxe ten varias citas con distintas proxeccións:
- Para as 12 horas, no Palexco, a obra de Philipp Fleischmann.
- Pola tarde, na sala do Porto, no Peirao de Trasatlánticos.
- Ás 16.30 horas poderase ver a creación de Bruno Delgado Ramo.
- Ás 20.30 horas as de Ute Aurand.
Entre medias, ás 18.30 horas, haberá unha selección de varios artistas.