Evento

Arrinca a Feira do Libro 2022 en Vilalba

2022-06-03
11:00 h
Praza da Constitución
Luz Airado abrirá oficialmente a feira co pregón as 18 horas.
photo_camera Luz Airado abrirá oficialmente a feira co pregón as 18 horas.
Luz Airado será a encargada de dar o pregón da Feira do Libro de Vilalba ás 18.00 horas

Primeira xornada da Feira do libro de Vilalba que ten como pregoeira, ás 18 horas, Luz Airado.

Previamente, a apertuta desta edición da feira terá lugar ás 11 horas, con Juan J. Prieto asinando, na caseta da libraría Cortizas, o libro autoeditado La primeira meiga.

Xa pola tarde, na caseta da libraría Pedreira, dupla cita, primeiro ás 18 horas, con Xesús Rábade Paredes que asinará exemplares de A luz co tempo dentro (Galaxia), e logo, ás 19 horas, fará o propio Xesús Trashorras con Paseando canguros (Medulia Editorial).

Xa para ás 19.30 horas, a pregoeira Luz Airado, na caseta da libraría Pergamino, asinará as súas obras, fechándose a xornada a partir das 20 horas coa presentación de Hijos de Gael (Espasa) de Rodrigo Costoya.