
A Feira do libro de Ponteareas terá, ás 20 horas, o seu pregón a cargo de Esmeralda Quiroga.
Antes comeza a actividade a partir das 18 horas con Francisco Álvarez, 'Koki', que presenta Erótica (Ondina Ediciones).
Ás 19 horas, respectivamente, Silvia de Pablos asinará Galician Stories (Bubok Publishing) na caseta da Libraría Cortizas, Raquel Castro presentará Planeta Bugallo (Galaxia) e Manel Monteagudo asinará Mar e vento (Galaxia) na caseta da Libraría Ledo, e as 19.30, Pablo Vázquez e Denis Carballás asinarán Son da cidade.
O libro da música viguesa do noso século (Galaxia) na caseta da Libraría Terra, rematando a actividade a partir das 20.30 horas cun recital poético a cargo de Samuel Merino e Fernán Permuy.