Evento

Arrinca "Concertos na Fin do Mundo" en Muxía

2022-09-02
20:00 h
Faro Punta da Barca
A Banda da Loba fusionarase coa paisaxe de Muxía.
photo_camera A Banda da Loba fusionarase coa paisaxe de Muxía.
Consulta a programación completa de Concertos na Fin do Mundo, que terá lugar a partir das 20.00 horas no Faro Punta da Barca

A música, en harmonía co ruxir das ondas e cos sons da natureza, será a protagonista principal de Concertos na Fin do Mundo.

Co obxectivo de que a experiencia musical se integre o máximo posíbel coa contorna para gozar dunha proposta escénica e dun repertorio adaptado á singularidade de cada espazo.

Ás 20:00 horas sesión da man de DJ Mil. Ás 20:30 horas comezará a actuación da banda galega A Banda da Loba, dando a coñecer o seu último disco Xabrón Lagarta.

A música de DJ Mil acompañaranos de novo mentres se procede ao cambio no escenario, para dar paso ás 21:30 horas, da actuación da outra banda galega, De Vacas, coa súa orixinal xira Tour Vacanal.

Finalizado o concerto, volveremos desfrutar dunha última sesión de DJ Mil.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.