Evento

"Amnesia 3.0" de Irene Pin estrea a segunda tempada en Lugo

2022-05-06
20:00 h
Centro Cultural O Vello Cárcere / Praza da Constitución
Irene Pin a creadora e directora da webserie.
photo_camera Irene Pin a creadora e directora da webserie.
Irene Pin presenta a segunda tempada de "Amnesia 3.0" cun evento no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo

A serie interactiva galega sobre un mundo que esqueceu, escrita e dirixida por Irene Pin, que vén de recibir o premio a mellor serie no Festival de contidos dixitais Carballo Interplay estrea segunda tempada.

Amnesia 3.0 é un thriller de ciencia ficción sobre a premisa básica dun mundo no que a xente non recorda.

Se a primeira tempada introduciu un universo distópico sen memoria, con todas as consecuencias, esta segunda entrega pretende afondar nas dinámicas que levaron a esta situación.

A serie é unha proposta para abandonar os límites do relato convencional. Partindo de tres perspectivas, o público pode seguir a historia desde un ou outro itinerario, nos momentos en que as tramas se cruzan. Porque como na vida, non todo é tan claro.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.