Evento

18 anos de Dakidarría

2022-06-17
21:00 h
Redondela, Campo da Feira
Dakidarría presenta Colaxe
photo_camera Dakidarría presenta Colaxe
A banda galega presenta Colaxe, o seu novo disco.

Tras 18 anos de carreira musical, Dakidarría alcanza a súa maioría de idade máis forte que nunca presentando novo disco: Colaxe.

Con ampliación de formación, Dakidarría retoma a estrada neste 2022 para descargar a emoción, a enerxía e a adrenalina dos seus concertos en todos os lugares que sexa posíbel.

O camiño da banda galega, caracterizado por unha pureza de estilo e coherencia, vese reflectido en todas as súas cancións, conferíndolles un cartel de banda de música contestataria

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.