Enquisa

ENQUISA | Estás a favor da reapertura da mina de Touro?

A antiga mina de Touro. (Foto: Adega)
photo_camera Antiga mina de Touro. (Foto: Adega)

O Consello da Xunta da Galiza deu visto e prace esta segunda feira á declaración da mina de Cobre San Rafael no Pino e Touro (ambos os dous concellos na comarca de Arzúa) como "proxecto industrial estratéxico" (PIE). Esta declaración permitirá "reducir á metade" os prazos para esta instalación, que supón un investimento de case 200 millóns de euros e creará case 400 postos de traballo. Situarase nos terreos para os que a compañía "conta con autorización desde o ano 58" co obxectivo de extraer, principalmente, cobre.

Porén, un cento de colectivos veciñais, ecoloxistas, do mar e sindicais mostraban a pasada semana o seu rexeitamento ao "novo intento" de Atalaia Mining de "forzar a aprobación de apertura" da mina de Touro (comarca de Arzúa) ante os seus "impactos ambientais inasumíbeis", ademais de censurar que "a Xunta da Galiza ocultara", por "fins electorais", que se tramita "como proxecto industrial estratéxico".

E ti, que opinas? Cres que sería beneficiosa para a comarca a reapertura da mina da man de Cobre San Rafael?

22.65 %
77.08 %
0.27 %
Comentarios