Yolanda Díaz avanza que o peche do paritorio de Verín "pode converterse nun 'Prestige' para Feixoo"

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, percibe que "o que pasou en Verín pode converterse nun 'Prestige' para Feixoo" e alude a un posíbel cambio de Goberno na Galiza despois do sucedido co peche e posterior reapertura da sala de partos e o servizo de urxencias pedriátricas no hospital comarcal desta localidade.
EuropaPress_2698318_ministra_trabajo_economia_social_yolanda_diaz_entrevista_cadena_ser_galicia
photo_camera A ministra de Traballo, Yolanda Díaz.

 Nunha entrevista concedida á Cadena Ser, Díaz reafirmou o seu apoio á cabeza de lista de Galiza en Común-Anova Mareas para as eleccións galegas do 5 de abril, Antón Gómez Reino, un candidato, dixo, "magnífico".

A dirixente manifestou tamén que falou co presidente, Pedro Sánchez, e "os dous vanse envorcar na campaña galega", porque "por primeira vez, hai unha posibilidade de derrotar Feixoo". "Cónstame que todas as formacións políticas imos estar de acordo niso e vaise a ver como somos capaces de pornos de acordo, da mesma maneira que o facemos a diario no Goberno central", manifestou.

Preguntada pola coalición do Goberno estatal, admitiu que "hai diferenzas" en cada unha das formacións, aínda que o considera "algo positivo". Neste sentido, recalcou que "non cre" que os rozamentos entre ministerios, que esta semana se intensificaron en relación á nova lei de liberdade sexual que prepara o departamento da ministra de Unidas Podemos Irene Montero, vaian a máis e veo dentro da normalidade.

Comentarios