Yolanda Castaño e Chus Pato conversan en Compostela sobre poesía

Esta terza feira, día 26, na Libraría Couceiro a partir das 19:30 e no marco do ciclo de actos de carácter literario-musical 70minutos.con, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).

Yolanda Castaño
photo_camera Yolanda Castaño

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza un ciclo de encontros con autoras denominado 70minutos.con. O ciclo propón unha análise sobre a nosa literatura contemporánea en pequenas pílulas de divulgación de 70 minutos, nas que haberá igualmente espazo para a palabra escrita.

Os eventos procuran achegar a diversidade da literatura contemporánea a través de voces expertas capaces de a contextualizar, definir e debullar. Mais non ficará aí: as voces protagonistas da análise literaria interpretarán o seu traballo creativo, revelando os seus procesos e chaves.

Ese ciclo pon o ramo esta terza feira en Compostela, na libraría Couceiro, onde a partir das 19:30 horas Yolanda castaño e Chus Pato dialogarán sobre poesía e literatura, nun acto aberto á participación do público.

Comentarios