Catalunya

A xustiza escocesa deixa en liberdade ex consellera Clara Ponsatí

Clara Ponsatí está libre segundo ditou a xustiza escocesa, após entregarse na Policía de Edimburgo con motivo da euroorde emitida polo xuíz Pablo Llarena acusándoa de sedición pola súa suposta implicación no referendo de 1 de Outubro.

Clara Ponsatí e o seu avogado
photo_camera Clara Ponsatí e o seu avogado

A xustiza escocesa deixou en liberdade Clara Ponsatí após a euroorde emitida polo xuíz Pablo Llarena, en relación coa sentenza do Tribunal Supremo contra as e os independentistas. Na orde é acusada de sedición polo referendo de autodeterminación do 1 de outubro en Catalunya.

A ex consellera de Ensino no Goberno de Carles Puigdemont entregouse na mañá da quinta feira 14 de novembro na Policía de Edimburgo, Escocia, acompañada do seu avogado Aamer Anwar, reitor da Universidade de Glasgow.

O propio Awnar escribiu nun chío: "Gañamos a batalla, pero non a guerra, aínda queda un longo camiño".

A defensa de Clara lembra que en Escocia o delito de sedición hai moitos anos que foi abolido.

Ponsatí fica en liberdade e co seu pasaporte para poder viaxar libremente.

Reino Unido aceptou tramitar a nova orde de detención europea para Ponsatí polo presunto delito de sedición en relación coa súa participación na organización do 1 outubro. Porén, ao recibir a ode emitida por Llarena aseguraron desde a xustiza do RU que non atenderían a pertición por considerala desproprcionada. Finalemnte, accedeu a tramitala.

Comentarios