Imprimir

A xustiza belga apraza a decisión sobre a extradición de Valtonyc

Redacción | 21 de agosto de 2018

valtonyc
valtonyc

O rapeiro mallorquín celebra continuar a liberdade en Bélxica.

A xustiza bela apraza a decisión sobre se extradita Valtonyc a España. Esta terza feira comezaba o xuízo en Gant contra o rapeiro mallorquín. O propio Valtonuy foi quen anunciou a decisión do xulgado de Gant – onde está exiliado desde hai uns meses- ao tempo que manifestou a súa alegría por estar en Bélxica en liberdade. "Estou moi contento, estou en liberdade, os Jordis, os consellers, os mozos de Altsasu non teñen a mesma sorte".

 

A Audiencia Nacional española condenou a tres anos e medio de prisión a este rapeiro acusado de apoloxía do terrorismo, inxurias á coroa española e ameazas por unhas cancións de hai seis anos. Valtonyc optou por non entrar en prisión e exiliarse.

 

A xustiza española activou unha euroorde para forzar a extradición. A xustiza belga mantívoo en liberdade provisoria á espera de que se resolva o proceso. A nova vista sobre a extradición ficou para o 3 de setembro.


 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/internacional/xustiza-belga-apraza-decision-extradicion-valtonyc/20180821110148071529.html


© 2020 Nós Diario