A Xustiza admite a trámite o recurso pola formación do goberno en Castrelo de Miño

A petición do PSOE está apoiada na sentenza do Tribunal Supremo sobre o transfuguismo. Está tamén pon en dúbida o sucedido en Viana do Bolo.
EuropaPress_3287803_rueda_prensa_bng_noa_presas_alcalde_viana_do_bolo_secundino_fernandez
photo_camera Imaxe de arquivo dunha rolda de prensa do BNG sobre as mocións de censura. (Foto: Europa Press)

O recurso do PSOE contra a resolución do pleno de constitución do novo Goberno de Castrelo de Miño vén de atopar comprensión na Xustiza. O xulgado do contencioso-administrativo de Ourense aceptou a trámite esta cuestión debido á sentenza do Tribunal Supremo sobre transfuguismo.

O deputado autonómico Juan Carlos Rivera explicou que esta chamada á xustiza, que tivo lugar a finais de outubro, é para “reclamar unha posición clara ante a moción de censura” que decorreu no municipio e a posterior creación dun novo Executivo local.

“Ou estamos contra o transfuguismo ou estamos noutra cousa”, resaltou o socialista, que pensa que na cidade de Ourense dáse a segunda situación.

Rivera instou ao PP de Ourense a “asumir os principios fundamentais da democracia” para “condenar” os pactos que se deron quer en Castrelo de Miño, quer en Viana do Bolo.

Neste sentido, ao líder dos populares, Xosé Manuel Baltar, pediulle que “se absteña de empregar a un tránsfuga para manter o Goberno da Deputación”.

A mensaxe crítica tamén foi para Miguel Caride, un dos escindidos de Democracia Ourensá após as críticas ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, por unha suposta xestión sospeitosa dos fondos do partido.

No pasado verán

En Castrelo de Miño chegouse á situación actual despois de que o 11 de agosto se fixera unha moción de censura contra o alcalde do BNG. Agora goberna o PP grazas ao apoio de dous edís socialistas non adscritos que “obtiveron melloras económicas e políticas”.

Posteriormente houbo un cambio de Goberno en Viana do Bolo, tamén cun rexedor nacionalista ao que lle fixeron unha moción de censura.

Comentarios