Xuntos x Galicia, ex corrente interna de Podemos, apoia a candidatura do BNG

Considera que o BNG é a opción acaída para facer fronte ao auxe da extrema dereita e para “defender os galegos e galegas”.

A plataforma cidadá Xuntos x Galicia, herdeira da corrente interna de opinión en Podemos Galiza que se denominaba ‘Xuntos Podemos’, apoia a candidatura do BNG para o 28A. A falla de representatividade de Galiza e o rebrote da extrema dereita son dous dos motivos polos que Xuntos x Galicia, actualmente corrente no partido Xuntos Actúa, anuncia ese apoio, recollen nun comunicado.

“Consideramos necesario realizar actuacións políticas encamiñadas a loitar contra ese fascismo e contra a precariedade de decisión da nación galega dentro do Estado español”, explican na toda de imprensa. Critican que En Marea se situase “ao servizo dos mandatos de Madrid” ao apoiar uns orzamentos “lesivos para Galiza” e acusa “o partido do que un día formamos parte”, Podemos, de “votar contra Galiza”.

Comentarios