A Xunta será parte no proceso contra os Franco para recuperar o Pazo de Meirás

O Consello da Xunta aprobou dar autorización aos servizos xurídicos a comparecer como parte do proceso civil iniciado pola administración xeral do Estado.

Pazo_de_Meirás_05

O Consello da Xunta aprobou dar autorización aos servizos xurídicos do Goberno galego a comparecer como parte do proceso civil iniciado pola administración xeral do Estado no Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña conducente á recuperación para o patrimonio público do Pazo de Meirás. A Xunta ten como unha das súas obrigacións a salvagarda do patrimonio cultural galego, lembra o goberno galego.

A Lei de patrimonio cultural da Galiza determina que o patrimonio cultural está constituído por bens mobles, inmobles ou manifestación inmateriais, que polo seus valores, entre outros históricos, deban ser considerados como de interese para a súa permanencia, recoñecemento e identidade da cultura galega.  O Pazo de Meirás foi declarado ben de interese cultural, coa categoría de sitio histórico, polo Decreto 299/2008, do 30 de novembro.

A preguntas dos xornalistas sobre se o goberno galego prevé tomar parte para recuperar outro patrimonio galego en mans dos Franco, Feixoo adiantou que "se hai algún ben" adicional con titularidade "discutíbel", actuarán "do mesmo xeito".

Comentarios