A Xunta prorrogará os recoñecementos ás deportistas de alto nivel

A Xunta xa traballa “nun sistema de prórroga para esas achegas e do programa Toquio 2020.
A pesar de non contar con ritmo de competición, Ana Peleteiro é a gran favorita no triplo salto. (Foto: Nós Diario)
photo_camera As deportistas galegas de alto nivel conservarán as súas achegas. (Foto: Nós Diario)

A Secretaría Xeral para o Deporte, no nome do seu titular, José Ramón Lete Lasa, vén de enviar un comunicado aos presidentes e presidentas das 58 federacións deportivas galegas no que fai un chamamento á “coordinación con todo o tecido deportivo, nomeadamente coas federacións deportivas galegas”. 

Dentro das actuacións mais inmediatas que a Secretaría Xeral para o Deporte está a abordar desde distintos ámbitos destacan as relativas aos convenios de colaboración para a actividade federativa do exercicio 2020, un eido perante o que o secretario xeral transmitiu “tranquilidade”, xa que a tramitación do primeiro pagamento será executada “no menor tempo posíbel”

No que atinxe á competición oficial autonómica 2019/2020, que deberá ser “redefinida”, o secretario xeral solicitou información ás federacións galegas sobre a actual situación da súa competición así como o seu criterio para solucionar este punto e tratar de acadar a decisión “máis eficaz e menos lesiva para as distintas modalidades”.

Respecto ás deportistas de alto nivel, Lete Lasa lembrou que o programa Toquio 2020 e as bolsas DGAN continúan en marcha e, asemade, anunciou que a Xunta xa traballa “nun sistema de prórroga dos actuais recoñecementos vixentes de deportista galego de alto nivel”. O mandatario galego tamén recordou que o seguro deportivo Xogade 6-16 segue “plenamente vixente” a pesar de que a actividade está suspendida.

Comentarios