Imprimir

A Xunta intervén a residencia 'Paz y Bien' de Tui, que contabiliza 82 contaxios

Redacción | 12 de xaneiro de 2021

Paz y Bien Tui

Rexistra 66 casos positivos entre os usuarios e 16 entre os traballadores.

A Xunta  vén de intervir a residencia de maiores Paz y Bien de Tui co fin de reforzar o persoal do centro. Unha vez avaliada a situación da residencia, as Consellerías de Sanidade e Política Social acordaron tomar esa medida co obxectivo de garantir a correcta protección da saúde, tanto das persoas usuarias como das traballadoras e traballadores do centro.

Un equipo da Consellería de Política Social está xa desprazado no centro para facer un seguimento permanente sobre a situación dos residentes, así como para vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene. Os profesionais do Sergas tamén velarán pola continuidade dunha atención sanitaria axeitada na residencia.

A residencia de maiores Paz y Bien de Tui rexistra 66 casos positivos entre os usuarios e 16 entre os traballadores.

A situación nas residencias de maiores continúa a empeorar na Galiza nestes días. Segunda dados da propia Xunta esta terza feira, nas últimas horas rexistráronse 90 novos positivos, a metade deles (44) na residencia de Ribeira e todos referidos a persoas usuarias.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/xunta-interven-residencia-paz-tui/20210112141653113575.html


© 2021 Nós Diario