NO MOSTEIRO DE SAN CLODIO

A Xunta gastará un millón nun spa de viñoterapia

A Xunta de Galiza vén de publicar no DOG o anuncio da licitación para a rehabilitación e acondicionamento da nave lateral do mosteiro de San Clodio, en Leiro, por  1 millón de euros.

san clodio
photo_camera san clodio

A Axencia de Turismo de Galiza vén de licitar a contratación das obras de rehabilitación e acondicionamento como spa de viñoterapia da nave lateral do mosteiro de San Clodio, en Leiro, cun nivel de protección de Monumento histórico artístico. O custo da licitación, tramitada mediante procedemento aberto, ascende a 1.203.669,7 euros.

Nas cláusulas administrativas, a Xunta de Galiza xustifica a obra dada a “promoción e o estímulo dun sector galego competitivo, de calidade e accesíbel”, así como na “busca dun reequilibrio territorial a través da política turística”.

O proxecto das obras, de 12 meses de duración, fora aprobado pola Axencia de Turismo de Galiza en outubro de 2013.

Os tratamentos deste spa formarán parte da oferta actual do Hotel Monumento de San Clodio.

Comentarios