A Xunta facilita ao taxi replicar o modelo de Uber e Cabify

O Goberno galego contempla nos orzamentos unha ‘flexibilización de tarifas’ para garantir a competitividade do sector do taxi.

2019102217501251243
photo_camera Os taxis poderán ofrecer prezos fixos para determinados traxectos [Imaxe: Sermos Galiza]

A entrada de novos actores no sector da mobilidade urbana colleu por sorpresa o sector do taxi, que veu como empresas como Uber ou Cabify, que operan na actualidade na cidade da Coruña, levaban un anaco importante do pastel, sobre todo en percorridos interurbanos.

Ante esta situación, a Xunta ten previsto incluír na lei de acompañamento dos orzamentos para o próximo ano unha “flexibilización das tarifas” no sector do taxi co gallo de facilitar “a competitividade e a mobilidade” das persoas usuarias.

Como indicou esta terza feira a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, esta medida “solicitada polo sector” ten como obxectivo dar “máis solucións e alternativas” ás persoas usuarias e facilitar que o sector traballe “con lealdade”, en clara alusión as compañías de vehículos de transporte concertado, os coñecidos como VTC.

Fixación de tarifas

Para facilitar as cousas ás taxistas, a nova norma permitiría fixar un prezo ou aplicar un desconto pola prestación dun servicio. Ademais, os concellos serían os que fixarían as tarifas dos servizos urbanos, ou, de ser o caso, por entidades competentes das áreas territoriais de prestación conxunta, como poden ser os traxectos ao aeroporto, onde están a notar en maior medida esta nova competencia.  

Comentarios