A Xunta de accionistas de Euskaltel dá luz verde á compra da galega R por 1.200 millóns de euros

Valoran positivamente a adquisición dun “activo esencial” como a compañía galega para se converter nun operador “relevante” no Estado e Europa.

euskaltel

A Xunta de accionistas de Euskaltel aprobou esta quinta feira nunha convocatoria extraordinaria a compra da compañía galega de cabo R, un “activo esencial” que convertirá á compañía vasca nun operador líder no norte do Estado e “relevante” no mercado europeo, segundo destacou o seu presidente, García Erauzkin.

A adquisición, acordada a comezos de outubro, ten un custo de 1.190 millóns de euros, dentro dos que se inclúen os 300 millóns de débeda. A operación implica que hai pagar 890 millóns netos en efectivo. Euskaltel financia a compra a través da ampliación de liñas de financiamento bancario en 600 millóns, a contratación dun tramo de débeda institucional de 300 millóns e a emisión de novas accións por 255 millóns.

O novo grupo de telecomunicacións nace nun mercado de 5 millóns de habitantes, con 715.000 clientes e e ingresos de 570 millóns. “A integración é un fito na historia de ambas as dúas compañías e ten un senso estartéxico para a consolidación dos operadores de cabo de España".


 

Comentarios