Xornada chave para a salvación de Lugo, Celta e Deportivo

Tres equipos: Celta, Deportivo e Lugo. Dúas dinámicas: a gañadora dos coruñeses e a perdedora de vigueses e lucenses. Un obxectivo: escapar dos postos de descenso. Os conxuntos galegos en Primeira e Segunda División teñen este domingo unha oportunidade de ouro para conseguir tres puntos que poderían ser vitais para salvar a categoría.

EuropaPress_2378073_Fedor_Smolov_of_Lokomotiv_Moscow_during_the_UEFA_Champions_League_Group_D_football_match_between_Bayer_Leverkusen_and_Lokomotiv_Moscow_on_September_18_2019_at_BayArena_in_Leverkusen_Germany_-_Photo
photo_camera O dianteiro ruso Smolov pode debutar mañá como titular co Real Club Celta (Foto: E.P.)

Tres equipos: Celta, Deportivo e Lugo. Dúas dinámicas: a gañadora dos coruñeses e a perdedora de vigueses e lucenses. Un obxectivo: escapar dos postos de descenso.

A xornada para os conxuntos galegos en Primeira e Segunda División preséntase como unha oportunidade de ouro para conseguir tres puntos que poderían ser vitais para salvar a categoría.

Abre fogo o Real Club Deportivo cun encontro no Estadio de Santo Domingo ante o Alcorcón mañá ás 12 horas. Os coruñeses buscan a súa sétima vitoria consecutiva, unha cifra que non acadan desde a tempada 1999/2000, na que se proclamaron campións de Liga. Fernando Vázquez, aínda coa importante baixa de Sabin Merino, permanecerá fiel ao sistema 5-4-1 que tan bos resultados lle está dando ao equipo, e todo apunta a que Claudio Beauvue substituirá o atacante vasco.

O seguinte en saltar ao terreo de xogo será o Club Deportivo Lugo, que recibe no seu domicilio ao Elche mañá ás 18.15 horas da tarde. Ante a preocupante situación do equipo na táboa, os seareiros levan toda a semana mobilizándose para apoiar o equipo tanto nas redes sociais como nos adestramentos, e agárdase que o Anxo Carro presente un ambiente de gala.

Finalmente, e tan só 15 minutos máis tarde do inicio do encontro na cidade das murallas, Balaídos acolle o encontro entre Celta e Sevilla. Os celestes levan varios partidos presentando mellores sensacións, mais o gol continúa a resistírselles. Aí é onde entre a fichaxe estrela da escuadra viguesa neste último mercado invernal, o atacante internacional ruso Smolov, pretendido polo Manchester United e que apunta á titularidade. 

Comentarios