CULTURA

Xisco Feijoó: Peixe

PEIXE está preñado da esencia máis fonda da música tradicional, vista dende unha mirada contemporánea e interpretada dende a modernidade e dende a visión dun século XXI dominado polas novas tecnoloxías pero onde se respectan e valoran con emocionante orgullo as orixes e tradicións máis puras e ancestrais. PEIXE fala de todo aquilo que queremos ser e non somos quen... E de aquilo que somos e non desexamos. PEIXE fala da súa aceptación con horizontalidade deixando ben atrás a resignación. PEIXE é entender que entre nós até onde alcanza a vista non hai gaiolas nin peixeira que nos pechen. PEIXE somos cada ún de nós, únicos e irrepetibles.
Comentarios