A xira-oulet do libro galego recala na Coruña

Despois de Pontevedra, Santiago e Vigo, a xira do Oulet do libro galego recala na Coruña, nova cita para se facer a bo prezo con títulos que están fora dos circuítos comerciais. 

Oulet
photo_camera Oulet

O Oulet do libro galego estará aberto na Coruña do 15 a 23 de novembro, no Centro Cultural Afundación no Cantón Grande. Quince editoriais asociadas a Asociación Galega de Editores -entidade organizadora- porán á venda arredor de 1.000 títulos de narrativa, ensaio, poesía, divulgación ou literatura infantil e xuvenil, entre outras. Como nas anteriores citas do Oulet, unha libraría local será a encargada de xestionar a venda, desta volta a Livraría Suevia da Coruña. 

Títulos de 2.0 editora, Alvarellos, Andavira, Auga editora, Baía, Dos Acordes, Galaxia, Ideas Propias, Ir Indo, Linteo, Nova Galicia, Ouvirmos, Sotelo Blanco, Toxosoutos e Xerais que están xa fora dos circuitos comerciais poranse de novo á venda a 5, 10 e 15€, pudendo tamén mercarse lotes de 1 libro por 3€, 2 por 5€ e 5 libros por 10€. 

O obxectivo da Oulet do libro galego é  “abrir unha nova canle de comercialización que poña en contacto estas obras de contido variado cun público que ten interese en coñecer esta oferta”, sinalan desde a AGE que destaca os bos resultados acadados nos celebrados o pasado ano en Pontevedra, Santiago, Ourense e Lugo e no anterior en Allariz e Pontevedra. O modelo supón ademais unha nova fórmula de colaboración da AGE coas librarías e outras institucións das cidades. 

Comentarios