Xesús Alonso Montero evoca Pedro Martul

A Fundación Otero Pedrayo acolle hoxe sábado, 13 de decembro, ás 13 horas na Casa Grande de Cimadevila -en Trasalba, Amoeiro- a presentación da última Peza do mes de 2019, a iniciativa desenvolvida ao longo de todo o ano pola cal a Fundación desenvolve unha serie de actividades arredor de pezas culturais vinculadas de diferentes modos ao autor de Arredor de si.
Fundación Otero PEdraio
photo_camera Otero Pedrayo presidiu o faladoiro do Café Español de Compostela entre 1950 e 1958. (Fundación Otero Pedrayo)

A Fundación Otero Pedrayo acolle hoxe sábado, 13 de decembro, ás 13 horas na Casa Grande de Cimadevila -en Trasalba, Amoeiro- a presentación da última Peza do mes de 2019, a iniciativa desenvolvida ao longo de todo o ano pola cal a Fundación desenvolve unha serie de actividades arredor de pezas culturais vinculadas de diferentes modos ao autor de Arredor de si.

Nesta ocasión trátase dun relato feito polo profesor Pedro Martul, na súa participación nun faladoiro habitual no Café Español de Santiago de Compostela durante os anos 50 do século pasado, e que até 1958 foi presidido por Ramón Otero Pedrayo. Co relato, Martul quixo replicar aquel día a Otero Pedrayo, que comezara un monólogo arredor de Castelao. 

Os faladoiros do 'Español'
Unha persoa que tivo ocasión de formar parte daqueles faladoiros, Xesús Alonso Montero, encargarase das explicacións. O ex presidente da Real Academia Galega (RAG) entre 2013 e 2017, como el mesmo explicará no evento, comezou a formar parte dos faladoiros do Español "a partir de febreiro de 1957, data na que cheguei a Compostela para exercer como catedrático de Lingua e Literatura na Escola de Maxisterio".

O sociolingüista galego tamén contará, ademais, a historia "do día memorable" en que Pedro Martul relatou a súa viaxe a Moscova con Castelao no ano 1938 nun deses faladoiros no español no que estaban presentes, entre outros intelectuais, Ramón Otero Pedrayo, Fermín Bouza Brey, Floro Morán, Raimundo García Domínguez Borobó, López Nogueira e Xosé Luís Méndez Ferrín

Comentarios