Asemblea de Madrid

Vox, PP e C’s esixen ilegalizar os partidos independentistas

A Asemblea de Madrid foi o cenario elixido por Vox, PP e Ciudadanos para demandar conxuntamente ao Goberno do Estado español a ilegalización inmediata dos «partidos separatistas que atenten contra a unidade da nación cos instrumentos legais ao seu alcance ou procedendo ás reformas legais que habiliten a iso».
Un acto de campaña de Vox (Europa Press)
photo_camera Un acto de campaña de Vox (Europa Press)

 A Cámara madrileña debateu a proposición non de lei apresentada polos tres partidos e contou nas votacións cos votos contrarios de PSOE, Más Madrid e Unidas Podemos-Esquerda Unida.

Da mesma maneira, a PNL insta á Unión Europea a «inscribir os CDR na lista de organizacións criminais e terroristas».

«De inmediato» solicitan que se suspenda «calquera pago e no seu caso revogar e ordenar o reintegro de todo tipo de subvencións ou axudas públicas que puidesen estar a percibir de calquera organismo público autonómico, os denominados CDR ou calquera outra asociación ou organización que teña relación directa ou indirecta coa mesma».

Catalunya como escusa

Durante o debate na Asemblea o deputado de Vox José Ignacio Arias xustificou a presentación desta iniciativa debido as «imaxes e testemuños que desde hai máis de dous anos están a producirse en Catalunya».

O parlamentario ultraespañolista acusou o president da Generalitat de ter un plan para «atrincheirarse» no Parlament após proclamar a República de Catalunya. 
Vox xa ameazara con ilegalizar o PNV, mais PP e C’s aínda non se atreveran a demandalo nun órgano institucional. 

Comentarios