Opinión

O voto intervido e manipulado

Non é difícil adiviñar o discurso da dereita en súa ambición depredadora, para non só obter vantaxes no terreo discrepante senón decapitar ao adversario por medio do voto “democrático”, evitando un debate no que se constatan anomalías e confirman consabidas extorsións conspirativas. A perversión da dereita, en súas manifestacións mais extremas e obstinadas en combater á esquerda e todo aquelo que teña un acento progresista, manifestando un discurso fácil e desafiante que forma parte do inventario aznarista e de seus leguleios de extrema dereita. Un discurso que chega ás masas non politizadas e moi pouco perceptoras de problemas que proceden dos poderes económicos e que tantas veces xestionan as institucións onde goberna a dereita.

O dilema radica nese discurso de diversas frecuencias, mais ben articulado e manexábel cara unha clientela atraída pola corrosiva propaganda desmobilizadora que sabe utilizar esa dereita con discursos ben adaptados a varias mentalidades de votantes, faltos dunha dialéctica capaz de discernir a realidade económica, social e política nas que están sumidos e manipulados pola obstinación dos poderes que exerce a dereita. Isto confirma o dominio e as influencia que este poder ten en non poucos medios de comunicación, tan prestos e puntuais en difundir súas proclamas e temeridades. Neste sentido, a recepción que ten a mensaxe da dereita nun imaxinario moi deturpado polos recursos mediáticos, cos que contan os manipuladores co fin de manter a toda costa a este tipo de votantes, nun plano alleo aos valores democráticos ou a unha ideoloxía progresista que sexa capaz de abandeirar unha perceptibilidade pragmática que contrarreste os formatos alienantes que utiliza a dereita. O problema é que cando falamos de ideoloxía vemos que a esquerda perdeu moitos dos referentes ideolóxicos. A renuncia que fixo a eles o está pagando unha xeración de desmotivados que están sendo usurpados polo discurso da dereita e polas súas rastreiras dádivas.

Estas serían as dúas grandes vías que utiliza o triunvirato dereitoso (PP-Vox-Ciudadanos, os da foto da praza Colón), postulando un discurso fácil e ocasional que as masas mais espoliadas, carente de ideoloxía e doutras percepcións sociais, e mesmo frustradas, asumen a chamada e confirman o clientelismo e debrúzanse nas prebendas, que entra dentro da que nunca deixa de ser esa vella practica caciquil, subcaciquil e lumpencaciquil, perfectamente estruturada nesa pirámide de estratificación clasista: verdadeira máquina de alienar e domesticar a súa clientela, nutrindo a esa enorme parcela de poder, coaccionando a quen resista ou ataque os seus monopolios. Dado estes parámetros, non é difícil detectar desde unha óptica ideolóxica, a verificación de fórmulas tan nocivas e atentatorias contra a saúde democrática, por parte de estamentos tan específicos que controlan a un mal chamado Estado de Dereito, no que respecta á negación de dereitos fundamentais.

A dependencia de tantos valores democráticos, xa proscritos, fai que a sociedade civil sexa mais vulnerábel fronte á monstruosa mediatización de partidos que solemnizan seus postulados co disfrace democrático

A dependencia de tantos valores democráticos, xa proscritos, fai que a sociedade civil sexa mais vulnerábel fronte á monstruosa mediatización de partidos que solemnizan seus postulados co disfrace democrático. Non é críbel esta democracia cando amaga o vello conflito de loita de clases ou cae na peor das histerias colectivas de aceptar ditaduras como a que nos mostran Trump, Salvini, Bolsonaro, entre tantos outros, de sacar o disfrace de mornos liberais e promover esquemas de histeria fascista. Vemos como os grandes monopolios económicos usurpan expresións cívicas e sociais valéndose do voto democrático que na utopía de Saint-Simon figura como a gran mentira dos que apelan a democracia para manterse en poderes despóticos. Estamos ante o vello dilema da democracia aristotélica en que o fraude despótico enmascaraba a soberanía democrática dos atenienses.

Os valores democráticos usurpados pola dereita son ben esclarecedores do panorama político do Estado español, cando se trata de obter votos por medio de mentiras, insinuacións ou colocando pasquíns anónimos sobre os adversarios e propagando ao do líder do partido que representa o monopolio dos poderosos. Este reducionismo aclara bastante as particularidades da usurpación e deformación da democracia. As últimas eleccións e o período postelectoral no que estamos, rebelan a magnitude do ao monstro das tres cabezas apocalípticas.

Comentarios