CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo a escoitar... Sex Pistols "Never Mind The Bollocks, Here's The Sex Pistols" (Virgin, 1977)

Se preguntamos a calquera por unha banda punk, seguramente o primeiro nome que se lle viría á cabeza é o dos Sex Pistols. Nunca unha banda cun só disco gravado foi capaz de influenciar tanto no musical e no estético, e tampouco banda algunha foi tan rendíbel economicamente.

Sex Pistols


A historia dos Pistols escomeza a xerar cartos sendo a banda máis cara contratada, 40.000 libras pagara EMI, quen editou o primiro sinxelo “Anarchy in the Uk” e que os despediu pola polémica xerada por dicir verbas obscenas nun programa de televisión. Após diso, asinaron con A&M por 50.000 libras e editaron o single “God Save the Queen”, que chegou ao número 1 nas listas, pero seu nome nunca aparecería impreso polo que ese posto aparecía baleiro. De novo foron despedidos e indemnizados. E foi así como chegaro a asinar con Virgin, que sería a discográfica definitiva e a encargada de lanzar o seu terceiro sinxelo, “Pretty Vancant” e relanzar “God Save The Queen”. 

“Never Mind The Bollocks, Here's The Sex Pistols”, foi edidado en 1977 tras varios meses de polémicas da banda. O disco foi censurado, obrigando a riscar a verba “bollocks”, da súa portada . Con todo, o disco chegou ao número 1 das listas de ventas e converteuse  nun disco imprescindíbel dentro da historia do punk en particular e da música en xeral. Cancións como “Anarchy in the UK”, “God Save the Queen” ou “Pretty Vacant”, seguen soando a día de hoxe e son dos temas máis versionados. 

A estética gráfica da súa portada, coas letras semellando recortadas de diversas publicacións emulando unha nota de secuestro, marcaron tendencia, do mesmos xeito que a portada do single “God Save The Queen”, no que aparecía a raíña de Inglaterra co nome da banda tapándolle os ollos deu lugar milleiros de versións que chegan até os nosos días. 

Os Sex Pistols, foron, son e serán unha icona do punk, que aínda hoxe seguen a influír en moitos movementos culturais. Posibelmente de non ter desaparecido en 1978 a súa influencia non sería a mesma, mais certo é que os seus propios detractores crearon un mito atemporal que lembra que o punk non está morto.

Listaxe de temas

1. Holidays In The Sun 

2. Bodies 

3. No Feelings  

4. Liar 

5. God Save The Queen 

6. Problems 

7. Seventeen 

8. Anarchy In The UK 

9. Submission 

10. Pretty Vacant 

11. New York 

12. EMI (Unlimited Edition) 

 

Comentarios