En Vilaxoán

Volve o Revenidas izando solidariedade e feminismo

Vilaxoán acolleu a apresentación pública dunha nova edición do festival Revenidas, que terá lugar no porto mariñeiro deste concello os días 9, 10 e 11 de agosto. O cartel encabézano Gogol Bordello, The Baboon Show, Chocolate Remix, Hard GZ, Mal Elevé, Flow do Toxo, Gatillazo e Nao, entre outras bandas e artistas.
 
Presentación do Revenidas
photo_camera Presentación do Revenidas

A décimo sexta edición do festival Revenidas apresentouse no concello de Vilaxoán, en cuxo porto mariñeiro decorrerán durante os días 9, 10 e 11 de agosto diversas actividades culturais, sociais e musicais. O festival aposta un ano máis no seu carácter solidario, desenvolvendo actividades enraizadas coa cultura galega e a sustentabilidade.

Cartel do RevenidasXoan Quintáns, o director do Revenidas, debullou os tres obxectivos principais sobre os que a organización propuxo que xirase toda a programación, e que son revalidar o carácter solidario do festival, reforzar a programación feminina en distintos eidos alén do musical e a combinación de bandas emerxentes do país con grandes estrelas internacionais”. Nese sentido, “elas serán as protagonistas da Gran Gala de Circo Solidaria deste ano”, anunciou Quintáns, “unha actividade que se leva a cabo a prol da risa e da cooperación cos campamentos de refuxiados e refuxiadas”.

O Revenidas propón unha reivindicación do circo feminino

O Revenidas propón así unha reivindicación do circo feminino que contará o sábado 10 de agosto a partir das 17.30 horas coas artistas Isabel Risco, Pajarito, Patty Diphusa, Mireia, Desastronauts e a música de Brassica Rapa.

O parque de Dona Concha tamén será punto de encontro gastronómico do festival, no que se celebrará un ano máis a multitudinaria Gran Sardiñada Popular onde se despacharán 1.000 quilos de sardiñas.

Os concertos do Revenidas arrincan a sexta feira 9 de agosto ás 20 horas coas actuacións de Desakato, The Baboon Show, Hard GZ, Mal Elevé, Erin, Tribade, Flow do Toxo e Ferromona DJ.

Os concertos do Revenidas arrincan a sexta feira 9 de agosto ás 20 horas

O día grande, o sábado 10, comezará ás 13 horas no parque de Dona Concha con varias actividades de balde para todos os públicos: Gran Sardiñada Popular, Gala de Circo pro Refuxiadas e pasarrúas con Os Terribles de Arousa, Brassica Rapa e a orixinal proposta con atmosfera poética de Thomas Dylan & Balea.

O mesmo día, a partir das 20 horas tocarán Gatillazo, Talco, Skacha, Los Caligaris, Rebeliom do Inframundo, Valira, El Niño de la Hipoteca, TNT, e DJ Plan B.

O domingo 11 de agosto o día iniciará cos concertos de Carolina Rubirosa, Dakidarría en acústico e Punkinfantil no parque de Dona Concha para dar inicio a un fin de festa que culminará no recinto dos concertos da man de Gogol Bordello, Nao, Doctor Krapula, Gambeat, Los Jinetes del Trópico, Bastards on Parade, o Leo Arremecághona, Chocolate Remix e La Duendeneta.

Os abonos xa están á venda para os tres días, inclúen a acampada e pódense mercar a través da páxina www.revenidas.com

O parque de Dona Concha tamén será punto de encontro gastronómico do festiva​

Unha experiencia marítima

O mar e o festival están estreitamente relacionados. Por iso, nesta edición as persoas asistentes poderán vivir unha “experiencia marítima única pola Ría de Arousa a bordo do Chasula”, unha embarcación tradicional na que se poderá gozar de música ao vivo e dunha exclusiva degustación gastronómica de produtos galegos, tal e como informaron desde a organización do evento.

Esta actividade contará con tres saídas o sábado 10 a cargo do Leo, Gabri Dakidarría e Ugía Pedreira e outras tres o domingo 11 a cargo de Los Jinetes del Trópico, Zeltia Irevire e Gramola. 


Na apresentación tamén participaron Jacobo Sutil, director da AGADIC; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa e Peter Punk, artista participante nesta edición.

Comentarios