Volve a Liga de Billarda: con máis mulleres e coa forza das crianzas

Un xogador en idade infantil gañou a primeira xornada da LNB Rías Baixas, que decorreu no Grove e na que se estreou un xogador de Australia.

billarda Imaxe da LNB
photo_camera Imaxe da LNB

Xa está a billarda outra vez a pleno rendemento nas diferentes zonas do país da man da LNB, a Liga Nacional de Billarda. A LNB Rías Baixas arrancou no Grove, aos pés da Ría de Arousa, coa participación de 73 xogadores e xogadoras de 8 equipos. Esta modalidade de xogo tradicional camiña con determinación cara á súa consideración como deporte.

Ademais de participantes do Grove e dos demais concellos do Salnés, achegáronse xogadoras e xogadores de Vigo, Compostela, Pontevedra e A Laracha. A LNB salienta a participación dun xogador de billarda australiano que debutou co equipo de Poio, Armadiña. Tamén destaca a participación feminina : foron 31 mulleres as que competiron nesta primeira xornada, 42% do total de participantes.

Outra dato que fala da saúde da billarda é que participaron 5 nenos e 5 nenas en Categoría Infantil.

No aspecto competitivo, Óscar Caldas de Armadiña de Combarro subiu ao máis alto do podio. Corredoiras de Bueu gaña en Categoría de equipos. Elena González de Gharaboto de Marín foi primeira en Categoría Feminina. Ainhoa de Armadiña foi primeira na Categoría Infantil.

A vindeira xornada xogarase en Sanxenxo o 14 de setembro.

Comentarios