Imprimir

A volta á escola sae en 758 euros por estudante na Galiza

Redacción | 21 de agosto de 2019

En setembro reabrirás as aulas
En setembro reabrirás as aulas

A chegada do mes de setembro implica o regreso aos centros de ensino en numerosos fogares da Galiza. Voltar ás aulas supón un gasto de 758 euros por estudante para as familias galegas, é dicir, un 2’8% dos gastos anuais dos fogares. Así o cifrou o portal dixital da plataforma Kelisto nun estudo feito público esta cuarta 21 de agosto onde tamén se estima que, no seu conxunto, na Galiza gastaranse sobre 300 millóns de euros no curso 2019-2020.

Grande parte dos fogares galegos afrontan de novo no mes de setembro o regreso ás aulas dos colexios e institutos. Voltar aos centros de ensino supón un gasto de 758 euros por estudante para as familias galegas, é dicir, un 2’8% dos gastos anuais dos fogares.

Voltar aos centros de ensino supón un gasto de 758 euros por estudante para as familias galegas

Estes datos despréndense do informe realizado pola entidade de aforro e plataforma dixital Kelisto e que apresentou esta cuarta feira 21 de agosto. Esta plaforma tamén estima segundo os seus datos que a Galiza gastará sobre 300 millóns de euros no curso 2019-2020.

Os datos publicados sobre o desembolso familiar anual revelan que a Galiza é o oitavo territorio no que o impacto do comezo do curso educativo é maior, co 2’8% do gasto destinado á volta ás aulas. Unha posición que comparte con Cantabria, as Illas Baleares, Murcia, Aragón e Andalucía.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/volta-escola-sae-758-euros-media-fogares-galegos/20190821193725083313.html


© 2020 Nós Diario